Ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval
Proxecto: adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para ampliación do Museo do Pobo Galego
Intervención: creouse un núcleo de comunicación vertical que dá acceso a todos os andares do edificio, integrado por un ascensor de alta capacidade e por unha escaleira; e nesta zona habilitáronse aseos novos. As fachadas saneáronse e revocáronse. As cubertas sometéronse a unha reestruturación completa. Incorporáronse instalacións de acondicionamento térmico, fontanería e saneamento, electricidade, telecomunicacións, seguridade, prevención antiincendios... apostando pola xeotermia como forma de enerxía sostible. Ademais, preveuse a evacuación do gas radón a través dun novidoso sistema de sumidoiros. Na zona sur da primeira e segunda planta substituíuse a estrutura do solo. A obra incluíu a limpeza e restauración da reixa da fachada da anteigrexa de Bonaval.
Pazo de Raxoi
Proxecto: substitución da cuberta do Pazo de Raxoi
Intervención: a cuberta do corpo central, situada sobre a sala de delineación, presenta unha gran cantidade de tellas rotas e desprendidas. As cubertas que se corresponden co salón de actos do Consello da Cultura Galega e a da zona leste do arquivo municipal tamén amosan danos importantes. En consecuencia, prodúcense filtracións da auga da choiva ao interior do inmoble.
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Proxecto: substitución da cuberta do Palacio de Congresos
Intervención: con esta intervención búscase solventar as continuas e abundantes filtracións da auga da choiva en numerosos puntos do edificio.