Intervencións en Espazo Público

 

Os criterios de conservación e posta en valor do patrimonio histórico de Santiago esténdense tamén ao espazo público. Dende o seu nacemento, o Consorcio de Santiago destinou moitos recursos á reurbanización de rúas e prazas, así como á creación e remodelación de espazos verdes. Actualmente, estes esforzos están a orientarse con dous criterios.

-A xestión dun servizo de mantemento e conservación continua dos 60.000 m2 de lousado de pedra do centro histórico, através do programa A pedra que pisas: iniciativas para a conservación dos pavimentos históricos de Compostela.

-A posta en valor da paisaxe urbana, non só a monumental, senón tamén prestando especial atención á relación da cidade co medio ambiente. Unha "estratexia de verde urbano" que sitúa no corazón da política a recuperación do patrimonio e da paisaxe nunha cidade moderna e sustentable.

 

                                      Vídeo dun equipo de canteiros reparando o lousado no centro histórico de Santiago