O Consorcio de Santiago participa en Mérida no XVI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial

Foto de familia en Mérida
mércores, 28 Setembro, 2022

O Consorcio de Santiago, representado pola súa xerente, Belén Hernández, participa este mércores 28 e xoves 29 de setembro no XVI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial que se celebra en Mérida e no que se conmemora o 50 aniversario da Convención de Patrimonio Mundial da Unesco.

 

Neste primeiro día, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e o Ministerio de Cultura e Deporte organizan un acto institucional no Museo Nacional de Arte Romano de Mérida co que se celebra en España o medio século da convención de 1972 asinada en París e que servirá de preámbulo ás xornadas de traballo do XVI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial.

 

Este encontro, porá o foco nesta ocasión no desenvolvemento sustentable, reflexionando acerca dos retos que afrontan os sitios e cidades Patrimonio Mundial na actualidade e os que deberían afrontar a medio e longo prazo, tales como o cambio climático, o reto demográfico ou a brecha tecnolóxica.