Pesar polo falecemento de Valeriano Martínez

xoves, 7 Outubro, 2021

Todos os que formamos parte do Consorcio de Santiago lamentamos profundamente o falecemento de Valeriano Martínez, membro do noso Consello de Administración en representación da Xunta de Galicia como conselleiro de Facenda. Quedamos coa lembranza da súa incansable capacidade de traballo, rigor e seriedade e, especialmente, inesquecibles na nosa memoria ficarán a súa cercanía, humildade, afabilidade e discreción. Unha agarimosa aperta para a súa familia e amizades.