Rematan as obras de rehabilitación das fontes do Toural e Cervantes

mércores, 10 Novembro, 2021

O Concello de Santiago promoveu a restauración das fontes do Toural e de Cervantes, ambas as dúas danadas polos vehículos de repartición de mercadorías en senllos accidentes. O proceso realizouse con proxecto e dirección técnica da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.