Talleres didácticos Xoga e aprende con enerxía! para nenos de 9 a 12 anos

xoves, 19 Maio, 2016

O Consorcio vai celebrar, coa colaboración e o financiamento da Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, os talleres didácticos Xoga e aprende con enerxía!, enfocados a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos. Estes obradoiros desenvolveranse en Sargadelos o martes 24 de 16:00 a 20:00 horas e os sábados 28 de maio, 4, 11 e 18 de xuño en horario de 11:30 a 13:30 horas. Os interesados deberán reservar praza no Departamento de Educación e Cidadanía nos teléfonos 981 554 400 / 401, a través do fax 981 571 511 ou do enderezo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal.